Chega unha nova edición de “Pisando Forte”

Pontevedra> O concelleiro de Xuventude de Pontevedra presentou esta mañá unha nova edición do programa Pisando Forte. Trátase de 11 seminarios que ofertarán 424 prazas para mozos de entre 16 a 35 anos. Dende hoxe xa se abre os prazos de preincripción a través da web ou na Casa da Luz. Mellorar a empregabilidade e a inserción laboral da mocidade, este é o obxectivo que persegue unha nova edición do programa Pisando Forte. Once cursos e seminarios que ofertarán 424 prazas aos mozos de 16 a 35 anos interesados en coñecer novas ferramentas de acceso ao mundo do traballo. Deses cursos 285 son da Escola de Igualdade. O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, presentou hoxe esta progración, cuxo prazo de preinscrición comeza hoxe mesmoe finaliza uns días antes do inicio de cada curso, o primeiro será o de lingua de signos e comezará o 20 deste mes. A preinscrición e infomación dos cursos poden obtela en www.xuventude.pontevedra.gal ou de maneira presencial na Oficina de Xuventude, no primeiro andar da casa da luz. Hai unha gran variedade de cursos que van dende sacar o carné de manipulador de alimentos, agroecoloxía, intelixencia emocional ou compostaxe.