PORTO DO SON> A actuación, cun investimento de máis de 500 mil euros, virá a dar resposta a unha vella demanda do executivo sonense, permitindo eliminar un tramo de concentración de accidentes. A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunciou esta mañá en Porto do Son a licitación das obras de mellora da seguridade viaria no acceso ó Peirao de Portosín. A actuación, cun investimento de máis de 500 mil euros, permitirá poder eliminar un treito de concentración de accidentes no que se dá unha alta densidade de tráficos, na súa maioría vehículos pesados que se dirixen ó porto da localidade. Pola súa banda o alcalde, Luís Oujo, agradeceu o investimento da Xunta nesta obra, unha vella demanda do executivo, que virá a mellorar a seguridade viaria e, de paso, darlle unha nova imaxe á zona, moito máis atractiva e moderna. As empresas interesadas terán de prazo para a presentación de ofertas ata o próximo 16 de xullo, o que permitirá a Xunta iniciar os traballos a finais deste mesmo ano, e ter as obras rematadas para o o verán do ano que vén.
Inicio BARBANZA