Deporte, diversión e lecer na 25ª edición dos xogos de verán de Lourido

PONTEVEDRA> A praia de Lourido acollerá a vindeira semana unha nova edición dos xogos de verán. E xa van 25. Este ano haberá actividades para todos os públicos: dende unha pista de obstáculos para os máis pequenos, ata unha carreira popular, pasando por torneos de fútbol, voleibol ou petanca.

Os xogos de verán de Lourido celebrarán, a vindeira semana, a súa 25 edición. E o fan cunha programación ampla e variada e que está dirixida a todos os públicos.

Unha veintena de actividades que abarcan todos os rangos de idade. Dende unha pista de obstáculos, torneos de fútbol, voleibol e petanca, ata unha carreira de caramelos e outra popular. Todas elas, coma sempre, serán gratuítas.

E para celebrar o 25 aniversario, non todo ía a ser deporte. Os xogos de verán ofrecerán este ano unha parte aínda máis lúdica.

Os xogos clausuraranse o domingo 4 de agosto coa entrega de premios acompañada dun viño galego. A inscrición a todas as actividades xa se pode realizar nun stand instalado na praia de Lourido.