Vilgarcía prerpárase para unhas festas de Santa Rita que valerán por tres

VILAGARCIA> Vilagarcía prepárase para unha festa de Santa Rita que valerá por tres. A concellería de cultura presenta unha programación con actividades para todos os públicos. Terá lugar do 20 ao 23 de deste mes e entre os concertos destacan o grupo La La Love You e a Gala Lírica coa banda de Vilagarcía.

Todo listo en Vilagarcía para o comezo das festas de Santa Rita. De feito, esta fin de semana, as atraccións e os postos ambulantes xa poderán comezar a traballar. O concello permítelles adiantar a súa apertura ao ser un dos sectores máis castigados durante a pandemia. Pero o día oficial do inicio de Santa é o venres 20. Coa feira franca e os pasacalles comezará unha festa con actividades para todos os públicos.

A feira franca e os pasacalles continuarán durante os catro días das festa. O sábado ademais comezará o torneo Santa Rita de futbol 8 e as actuacións musicais. A primeiro será a gala lírica encabezada pola banda municipal xunto coa soprano Marina Penas e o tenor Quintín Bueno e a continuación o gran concerto de Santa Rita.

O domingo será a final do Torneo de Santa Rita futbol 8 e comezará o festivaliño para os máis pequenos.

O domingo ademais tamén terá lugar a misa e a procesión en honra a Santa Rita. A patroa das festas está presente de maneira especial no cartel deste ano.

A programación complétase o domigo co VII encontro folclórico, encabezado pola asociación Nós de Sobradelo xunto con grupo Tahume e a compañía de danza de Fran Sieira coreógrafo da canción Terra de Tanxugueiras e remátase cunha verbena popular coa orquestra os satélites. O luns continuará tanto a feira celta como os pasacalles e o festivaliño. O último evento da festa terá lugar unha semana despois coa celebración do I Torneo Santa Rita de Rugby.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí