O GROVE> O bloque nacionalista galego respondeu as acusacións vertidas polo alcalde de O Grove en relación co Plan de Ordenamento urbanístico, as instalacións deportivas e a súa posición con respecto a MARSAC. Carlos Álvarez Besada, voceiro nacionalista desmontou as críticas vertidas polos populares e as cualificou de falsidades nun momento de decadencia no goberno meco.
En canto as críticas sobre o abandono da comisión de urbanismo agora que se vai a proceder a segunda exposición pública, os nacionalistas lembraron aínda non hai unha data para esta exposición e que é o partido popular o que está dilatando este proceso con razóns máis que sospeitosas. Do mesmo xeito a decisión de non asistir a estas comisións non oficiais débese principalmente a falla de transparencia do grupo de goberno. En canto os equipamentos deportivos os nacionalistas cren moi curioso que o seu proxecto no lugar de paredes ó tachen de fantasiosa cando son precisamente os populares os que seguen insistindo no proxecto faraónico de do campo de golf e dunha macro urbanización nunhas terras de centos de propietarios. Por ultimo o voceiro nacionalista criticou que a depuradora non este contemplando no pxom e lembrou que as industrias están obrigadas a tratar os residuos que producen que na maioría das ocasións son transformados en residuos urbanos responsabilidade do concello. Por ultimo o BNG referiuse tamén as criticas do PP no conflicto de MARSAC e lémbralle o dirixente do concello meco que o propio comité de empresa pediu desculpas por escrito e afirmaron estar sorprendidas do desmentido feito polo alcalde.
Redacción Salnés