A cidadanía pon en cuestión a suba das pensións do goberno central

    enquisa_pensionscopy.jpgSALNÉS> Cunha media de 699 euros, Galicia é a comunidade co importe máis baixo de España no que se refire ás pensións.

    {flowplayer}images/salnes/EnquisaCambiosPlansGoberno.flv{/flowplayer}

    Subir as pensións un un por cento no ano 2013, de acordo coa subida do IPC, este era o compromiso que adquiría o goberno hai uns días. Malia todo, certo é que estamos en pre campaña e xa son moitas as voces que apuntan a que a promesa non se manterá unha vez pasados os comicios. Na rúa, algúns veciños amosan xa a súa preocupación, sobre todo, aqueles que teñen as pensións máis baixas.

    Cunha media de 699 euros Galicia é a comunidade co importe máis baixo de España no que se refire ás pensións. Pensións das que moitas veces non só viven os que as reciben se non das que ten que tirar toda a familia.

    Malia todo, a maioría da xente quere ser optimista e confiar en que o goberno cumpra coa súa promesa, non baixe as pensións e actualice as contías para que os pensionistas non perdan poder adquisitivo.

    A perda de poder adquisitivo non só afectaría ós pensionistas, senón tamén a un sector moito máis amplo da poboación xa que se vería reflectido no consumo.

    Redacción Salnés