VILAGARCÍA> Con esta volta ás aulas, e para moitos, a súa primeira vez no cole, chegaron os choros nalgúns casos, e os reencontros felices para outros. Pero os que sen dúbida viviron unha gran xornada foron os alumnos e alumnas do colexio de Rubiáns en Vilagarcía. Como cada ano, o primeiro día de clases céntrase na realización de xogos de benvida coa temática de cada ano, neste curso toca a Historia. Cabaleiros con jabalina… Arqueólogos…. Carreiras de sacos, ou lanzamento de disco..son algunhas das actividades que forman parte do proxecto “Sabela viaxa no tempo”, e que organizou o colexio de Rubiáns, para recibir ós seus alumnos na primeira xornada de cole. Algo habitual neste centro vilagarciá, cada ano coa temática elixida, e este curso, é a historia. Unha xornada divertida que para a maioría fixo moito máis levadeira a volta ó cole. Aínda que parece que estes rapaces son tan aplicados, que non lles fai falta. Aínda que sempre atopamos algún que outro…que preferiría esta mañá quedar entre as sabas…e seguir desfrutando das vacacións. Con este novo proxecto baseado na historia, o colexio de Rubiáns pretende conseguir o éxito acadado co proxecto do ano pasado, “O mar de Sabela”, centrado no mundo mariño, e co que veñen de gañar o Premio Proxecta da Consellería de Educación.
Inicio Salnés - Caldas