Portos de Galicia inviste no Xufre uns 21.000 euros

    A ILLA> Portos de Galicia mellora as condicións de traballo no porto do Xufre na Illa de Arousa. O ente autonómico investiu nestas accións uns 21.000 euros, que tal e como lles diciamos, axudaran a mellorar as condicións dos traballadores que fan uso do porto. O presidente de Portos de Galicia visitou o porto de Xufre na Illa de Arousa, para coñecer in situ os traballos que se están a levar a cabo na zona portuaria para mellorar as condicións de traballo da mesma. Cun investimento de 21.000 euros Portos de Galicia mellorará o pavimentado dunha zona interior do peirao que ata o momento acusaba un importante desgaste. Un investimento ben recibido polo sector do mar insular. E tamén polo concello da Illa. Durán explicou que as obras rematarán nos vindeiros días.