Pérez Gulín asume a alcaldía de Caldas con ‘ganas e ilusión’ avanzando unha liña continuista

CALDAS> Jacobo Pérez Gulín asumirá o bastón de mando o vindeiro 30 de decembro. Di asumir a alcaldía con ganas e ilusión. Avanza que a súa xestión virá marcada pola continuidade, poñendo en foco nos proxectos que Juan Manuel Rey deixa enriba da mesa. O socialista situarase á fronte dun goberno bipartito. Agarda manter co BNG a boa sintonía que, segundo indicou, mantiveron ata o momento as dúas formacións na vila.

Jacobo Pérez Gulín será o novo alcalde de Caldas. Asumirá o cargo o vindeiro día 30, nunha sesión que se vai celebrar sete días despois do pleno de renuncia de Juan Manuel Rey. O socialista di que asume o cargo con gañas e ilusión. Avanza unha liña continuista.

Licenciado en administración de empresas e fundador dunha consultoría, Jacobo Pérez Gulín porase á fronte dun executivo bipartito, xunto co BNG. Agarda manter con eles a boa sintonía.

A súa andaina política comezou no 2007, daquela na oposición da entidade local menor de Arcos da Condensa. No 2011 asumiu a súa presidencia e dende 2019 é concelleiro na corporación municipal caldense.