Jacinto Parga anuncia melloras para o porto de Meloxo

    portos100_040708.jpgGROVE > O motivo da súa visita, debatir e estudiar como mellorar o uso e as condicións de traballo do porto.

    Jacinto Parga, Presidente de Portos de Galicia, mantivo esta mañá unha xuntanza cos membros do goberno local e con representantes das asociacións de bateeiros e das empresas instaladas no Porto de Meloxo.

    No mesmo, estanse a comezar os traballos de mellora das instalacións e das prestacións. Parga referíuse a dous proxectos inmediatos: un que xa se está a acometer, o de dragado da rocha que hai na zona; e outra proposta de obra de urbanización, co peche perimetral do porto. Téñense previsto a reodenación das dársenas, melloras nas rampas e novos pantaláns. O proxecto estaría rematado para finais de verán e a obra para a primavera de 2009.

    Por outra parte o Club de Remo Amegrove trasladaríase de lugar, fóra da zona industrial, aínda que se teñen que conseguir as licencias de terreos que permitan edificar noutro sitio. Sempre en Meloxo.

    Jacinto Parga foi tamén preguntado polo Porto Deportivo do Grove, do que dixo que será o primeiro en concesionar de todas cantas peticións hai en Galicia, aínda que non antes do vindeiro ano xa que se debe agardar polo trámite ambiental.

    Tamén se referíu a outro proxecto, moito máis ambicioso, de abrigo do porto que esperan acometer a longo prazo.

    Redacción Salnés