O SALNÉS> O temporal rexistrado na xornada de hoxe deixou varias incidencias na comarca do Salnés, principalmente asolagamentos nos diferentes concellos. En zonas como Rey Daviña, no centro de Vilagarcía, Terra de Porto, no Grove, ou na contorna da praza do concello de Cambados, a auga acadou certo nivel, dificultando a circulación dos vehículos e o paso de peóns. O vento tamén se deixou notar con forza. As fortes rachas tiraron o muro dunha nave abandonada na rúa do Souto, na parroquia vilagarciá de Cornazo. Tamén desprenderon varias planchas do tellado e da fachada do concello da Illa de Arousa, e estragaron a carpa da festa na parroquia de Adina, en Sanxenxo. Ademais, en Sanxenxo a Festa da Arra prevista para hoxe celebrarase finalmente o domingo. Como norma xeral, os concellos decretaron o peche das súas instalacións deportivas e dos parques municipais.
Inicio SALNÉS