Solifesti: os nenos de Meis cantan por Siria

    Oito grupos de estilos diferentes amenizaron onte á tarde a primeira edición do Solifesti. Un evento musical organizado polo Colexio de Mosteiro, en Meis, a beneficio do pobo sirio. Moi atentos, porque para esta reportaxe tivemos a sorte de contar cuns reporteiros moi especiais. Hoxe tocou despedir o curso, pero no Centro Público Integrado de Mosteiro en Meis, xa se adiantaron e ónte á noitiña celebraron unha festa de fin de curso por todo o alto. Trátase da primeira edición do que deron en chamar Solifesti. Un evento musical en beneficio do pobo sirio, que reuniu a oito grupos musicais no Campo de Feira durante 5 horas. A Vertula, Crazy Cover, Raúl e Cía, Fran Blues, Madialeva, O Trevo, Os Druídas e Dead Wood foron os grupos que amenizaron a velada, algúns con profesores e alumnos entre o seu elenco. E aquí o máis importante, ademais do talento musical e dos reporteiros, é a fin benéfica. A entrada era gratuíta, pero os cartos obtidos pola venda de camisetas, bebidas e chouripans destinaráse ó pobo sirio. Pero como en toda festa que se prece, a troula e a comida, tamén estiveron presentes. Os organizadores explicaron que esta é a primeira edición, pero que Solifesti repetiráse. Non é a primeira actividade solidaria dos alumnos do Mosteiro, nos últimos meses fabricaron marcapáxinas ou realizaron unha carreira de campo cuxo beneficio, máis de 1000 euros, foi doado a Save the Children.