Máis produtores arousáns traballarán este ano na campaña marisqueira de Noia

    NOIA> A razón que explica este éxodo é a merma de ingresos que padecen nas súas concesións. Algo chamativo pero totalmente legal. Nos últimos anos, e cada vez máis, as confrarías arousás están a notar unha baixa importante no número dos seus socios. Estas baixas coinciden ademais coa apertura da campaña extractiva en Noia prevista para este próximo luns. Os produtores arousáns alugan ou compran a armadores noieses a súa embarcación co permiso correspondente para poderen traballar nas súas concesións. O éxodo vén provocado fundamentalmente pola merma de ingresos no libre marisqueo. Algo totalmente legal. Trátase fundamentalmente de mariscadores de Rianxo, Cabo de Cruz, Cambados ou a Illa. As boas expectativas para o inicio da campaña en Noia provoca que cada vez sexan máis os que deciden cambiar de aires e buscarse a vida pagando importantes cantidades de diñeiro. E aínda así compénsalles.