O cambio de luminarias en Castrelo suporá un aforro de 12.000 euros en consumo enerxético

    CAMBADOS> O aforro enerxético é unha prioridade para o concello de Cambados. Por iso, este xoves, o edil de Obras e Servizos da localidade se desprazou ata Castrelo para anunciar que as novas luminarias led instaladas nesa zona permitirán un aforro real de 12.000 euros ao ano. As novas luminarias led que se están a instalar na parroquia de Castrelo, en Cambados, permitirán un aforro de 12.000 euros ao ano en consumo de luz. Este cambio de 150 luminarias da recta de Castrelo, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e cun custe de 32.000 euros, recollese dentro do Plan de Optimización Enerxética 2015-2019. O edil de Obras xa anunciou que a seguinte zona de actuación será na avenida de Vilariño, para acadar unha redución do 30% en 2019. Co cambio das luminarias, o concello de Cambados espera reducir o consumo da factura eléctrica en 100.000 euros menos ao ano, con respecto aos consumos de 2015.