Moraña aposta polos produtos ecolóxicos en setembro

MORAÑA> Moraña celebrará o seu I Mercado Ecolóxico e Artesán. Unha cita na que poderán gozar dunha variada oferta sociocultural para todas as idades, ademais de atopar máis de 30 expositores que venderán os seus produtos ecolóxicos e artesáns. Esta iniciativa terá lugar o vindeiro 24 de setembro na Carballeira de Santa Lucía. A carballeira de Santa Lucía, en Moraña, albergará o vindeiro 24 de setembro o I Mercado Ecolóxico e Artesán da vila. Unha iniciativa moi interesante para dar a coñecer os produtos ecolóxicos e artesáns se producen na contorna. Casi 40 expositores estarán en Moraña o vindeiro 24 de setembro para dar a coñecer os seus produtos. Sinalar que esta iniciativa estará aberta dende as 11:00h e tamén ofertará un coidado programa de actividades para todas as idades. Música, gastronomía ou obradoiros sobre temas actuais completarán a oferta de este I Mercado Ecolóxico e Artesán. Unhas nove horas de moitas actividades coas que se pretende concienciar aos visitantes a mesma da importancia e da calidade dos produtos ecolóxicos e artesáns. Así que xa saben o vindeiro 24 de setembro teñen unha cita en Moraña.