Moraña precisa máis solo industrial ante a demanda de varias empresas para asentarse no municipio

MORANA> Moraña precisa máis solo industrial. O concello agardar poder aprobar de xeito definitivo o PXOM para incorporar máis terreos aos dous polígonos que hai no municipio. Aínda que os trámites administrativos avanzan a bo ritmo, o alcalde descarta que poida aprobarse neste mandato. Esta mañá, o rexedor e o delegado da Xunta en Pontevedra visitaron os dous parques industrias, onde se van renova-las beirarrúas e servizos de varias rúas.

Moraña precisa incrementa-la súa superficie industrial. O concello asegura que hai varias empresas interesadas en asentarse na localidade, pero o problema é que non teñen onde. A día de hoxe, practicamente o 100% do solo industrial está ocupado.

Pero para a creación de novos espazos industriais, antes hai que aprobar de xeito definitivo o PXOM. De momento só foi aprobado de xeito parcial. As tramitacións avanzan a bo ritmo, pero o alcalde cre que non chegará neste mandato.

Así que de momento na localidade teñen que conformarse con ir poñendo a punto o que xa hai. Nos polígonos de Mirallos e A Fieiras vanse acometer melloras con fondos procedentes da Xunta. Os traballos acometeranse en varios puntos dos polígonos.

A actuación terá un investimento que supera os 120.000 euros. O alcalde confía en poder actuar no resto de beirarrúas o ano que vén, botando man da mesma liña de axudas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí