O Nazareno congrega na Pobra a máis de corenta mil persoas

    POBRA> Fin de semana festiva na comarca do Barbanza. Un dos puntos de interese a Pobra do Caramiñal onde se celebra un dos festexos de maior tradición como é o Nazareno. O domingo tiña lugar a Procesión das Mortallas, que conseguiu reunir, un ano máis, a unhas corenta mil persoas. Un ano máis, as festas do Nazareno conságranse como as máis multitudinarias da comarca. A devoción polo santo congregou este domingo a corenta mil persoas na procesión das mortallas, unha das máis antigas de Galicia. Esta espectacular tradición achega ata a Pobra cada terceiro domingo de setembro non só a miles de fieis senón tamén a moitos curiosos atraídos pola singularidade da celebración. Algúns ofrecidos procesionan descansos mentres que outros portan cadaleitos en sinal de gratitude polo favor do santo. Tralo acto central das celebracións, a Pobra viviu hoxe unha xornada festiva na que a chuvia non foi excusa para despedir as festas. Inchables para nenos, pasarrúas musicais e a verbena da Orquestra Olympus que xunto ós fogos de artificio pecharán os festexos deste ano.