Quince mozos inician a súa formación no Obradoiro de Hostalería de Boiro

    BOIRO> Quince mozos da comarca iniciaron a súa formación no Obradoiro de Hostalería que se desenvolve no viveiro de empresas de Boiro. O acto inaugural correu a cargo do alcalde e o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña. Xa está en marcha o obradoiro de hostalería de Boiro no que participan quince mozos menores de trinta anos. A inicitiva, financiada pola Xunta de Galicia con cento corenta mil euros no marco dos programas de garantía xuvenil conta cunha achega municipal de doce mil euros. Nesta primeira xornada, os alumnos coñeceron as instalacións do centro de formación de hostalería, no viveiro de empresas de Espiñeira, nas que ó longo dos próximos meses recibirán formación dende a elaboración en cociña ata o servizo en sala. Colaborarán ademais en diversas iniciativas municipais nas que terán ocasión de poñer a proba os coñecementos adquiridos. Unha vez rematadas as novecentas sesenta horas de formación, os alumnos recibirán un certificado de profesionalidade que lles capacitará para acceder a un posto de traballo nun sector con alta demanda de profesionais cualificados.