NOIA> Noia celebrará a súa Semana Musical con diversos concertos na igrexa de San Mariño. Ademais das actuacións a cargo dos alumnos do conservatorio e de varias corais polifónicas, os dúas Naan e Xesta pecharán a programación.
Nunha vila con tanta tradición musical como Noia non podía deixar de conmemorarse o día de Santa Icía cunha ampla programación. A 48 edición da Semana Musical contará con tres xornadas de concertos nun marco incomparable como a igrexa de San Martiño.
A programación dará comezo este venres día 21 co concerto a acrgo do coro, orquestra e banda do Conservatorio de Noia. O sábado será a xornada dedicada ás corais nas que xunto coa anfitrioa actuarán a Polifónica Auria Canta de Barbadás e a coral polifónica de Cariño. O peche do ciclo será o domingo cos dúos Xesta e Naan.
Tódalas actuacións darán comezo ás oito e media con entrada libre.











