PONTEVEDRA> En Pontevedra, avanzan os traballos para unir cunha nova pasarela metálica as rúas Rosalía de Castro e Tablada. Esta mañá instalouse este elemento de gran tamaño; unha manobra que obrigou a cortar a rúa. O operativo xerou certa expectación na zona.
Ao redor das 11 da mañá chegaba á rúa Rosalía de Castro a pasarela metálica de grandes dimensións que se encargará de unir a propia Rosalía de Castro coa rúa Tablada.
O operativo xerou certa expectación e foi necesario cortar a rúa Rosalía de Castro durante varias horas para que puidera traballar o guindastre de grandes dimensións que colocou a pasarela no seu novo lugar. Superada esta fase, os traballos de acondicionamento desta zona do Gafos continuarán.
O proxecto foi adxudicado por case 500.000 euros e está financiado por fondos europeos FEDER dentro da Estratexia DUSI Máis Pontevedra.
Dende o concello de Pontevedra recordan que a rúa Rosalía de Castro volverá estar cortada mañá venres, neste mesmo upnto, entre as 7 da mañá e as 4 da tarde.