O xerente do CHOP ten claro que “a nova lei de saúde reforzará o papel dos hospitais da nosa comarca”

Pontevedra> Dende a xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra teñen claro que a nova lei de saúde que lanzan dende a Xunta de Galicia beneficiará tanto a cidade do Lérez como ao Salnés. Trátase , segundo José Ramón Gómez, dunha normativa que reforza o papel dos hospitais na nosa comarca. Dende a xerencia do CHOP téñeno claro, a nova lei de saúde pública que lanzan dende a Xunta de Galicia reforzará o papel dos hospitais comarcais. No caso desta zona, Pontevedra contará cunha área sanitaria e con dous distritos, Pontevedra e Salnés. Desta maneira, segundo o xerente do CHOP, haberá moita máis coordinación e comunicación entre estes dous centros hospitalarios, algo que beneficiará tanto a usuarios como a traballadores. Dende a xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra teñen claro que os veciños do Salnés saben que este será un hospital de presente e de futuro. Coas alegacións presentadas ata comezos de setembro agora esta nova lei comezará o seu trámite parlamentario. No Pazo do Hórreo quedará por definir os últimos fíos desta lei de saúde pública en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí