O BNG da Pobra denuncia a falla de transparencia nos contratos e compras do Concello

    POBRA> Os nacionalistas fanse eco destas presuntas irregularidades, ás que mesmo o propio interventor municipal pon reparos. Dende o BNG consideran que se trata de algo bastante habitual por parte do actual goberno de Nós Pobra á hora de realizar calquera tipo de compra ou contrato. Por esta razón pídenlle ó executivo que deixe de realizar estas prácticas a todas luces irregulares, e se axuste á normativa vixente e as propias recomendacións que lle fai o propio servizo de intervención municipal.