RIBEIRA> Ribeira acolleu a V Xornada de Pesca organizada pola Sociedade Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia. Representantes de diversos segmentos do sector pesqueiro debateron sobre os retos do futuro que marcarán o próximo fondo marítimo–pesqueiro.
As posibilidades de modernización da frota e a xestión das capacidades dispoñeibles para os buques foron algúns dos temas que centraron o debate na quinta xornada de Pesca que se desenvolveu ó longo desta mañá na Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira. O encontro, organizado pola OPP83 Sociedade Cooperativa Galega del Mar Santa Eugenia, reuniu a diversos expertos do sector e responsables de administracións que analizaron os retos de futuro ante o novo escenario que abre o FEMPA.
Tralas distintas intervencións e mesas redondas que se desenvolveron durante toda a mañá, coa clausura a cargo da conselleira do Mar, a xornada rematou cunha degustación de produtos pesqueiros.











