En marcha as obras de mellora da accesibilidade do centro sociocultural de Taragoña

RIANXO> Segundo explicou o rexedor, a actuación que forma parte do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, inclúe a mellora da fachada do centro sociocultural, que virán a solucionar os graves problemas de filtracións no edificio, no que se asenta tamén a escola unitaria.

A actuación leva tamén aparellada a mellora da accesibilidade global do edifico, que non dispoñía de facilidades para ó acceso de persoas con discapacidade.

O proxecto conta cun orzamento total de execución de algo máis de 98 mil euros.

Bustelo fixo referencia tamén a outra obra que se está a desenvolver nestes momentos nesta parroquia como é a mellora da envolvente do pavillón do colexio Brea Segade.

A actuación virá a mellorar as condicións do espazo e resolver así os problemas de filtracións que viñan sufrindo as instalacións.

O rexedor confía en que as dúas accións estean rematadas antes do inicio do vindeiro curso, para non interferir no normal funcionamento das clases.