AEMPE lanza un curso de dirección de pymes grazas ao Plan Social de ENCE

Pontevedra> O Plan Social de ENCE comeza a dar os seus froitos. Nesta xornada dende a Asociación de Empresario da pequena e mediana empresa de Pontevedra presentaron a aula de estratexia empresarial. Un curso gratuíto para todos aqueles empresarios que desexen coñecer as necesidades e liñas básicas para a continuidade ou éxito do seu negocio. Dende a Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de Pontevedra presentaron esta mañá a aula de estratexia empresaria. Un cursiño gratuíto, grazas ao plan social de ENCE, que busca dar apoio a todos os emprendedores. Un curso que se impartirá os mércores ,venres e sábados dende o 6 de outubro ata o 10 de novembro. Unha cita de preto de 60 horas que terá como fin axudar no día a día dun negocio actual. Profesorado de alta calidade será o encargado de impartir este cursiño que contará entre 40 e 50 prazas. Os interesados en inscribirse deben dirixirse o antes posible as oficinas de AEMPE xa que quedaban poucas prazas. En definitiva, con este curso o que se pretende e promover a cualificación das pequenas e medianas empresas, tanto no desenvolvemento inicial, como na consolidación, de maneira que poidan adquirir os coñecementos, competencias e habilidades necesarias para unha xestión eficaz, eficiente e innovadora da súa empresa.