O 96% dos fondos EDUSI de ‘Máis Pontevedra’ xa teñen destino previsto

PONTEVEDRA> Pontevedra presume da xestión dos fondos europeos. O concello explicou esta mañá que xa teñen programado máis do 96% do orzamento de 12,5 millóns de euros que inclúe a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado, EDUSI. Desta contía, o 60% xa está comprometida ou adxudicada, mentres que a restante está pendente do visto bo de Madrid. Unha xestión que o goberno agarda sirva como aval para captar máis fondos europeos.

O 96% dos fondos da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Pontevedra xa teñen destino adxudicado. O orzamento total do programa “Máis Modelo Pontevedra” ten un investimento global de 12,5 millóns de euros, confinanciados ao 80% a través do Feder.

Dos 12 millóns programados, o 60% xa está comprometido ou adxudicado. Ademais, hai algo máis de 5 millóns de euros xustificados, que deberá reintegrar o Ministerio de Mobilidade, Transporte e Axenda Urbana.

Outras actuacións están pendentes de recibir o visto bo de Madrid para iniciar o proceso de contratación.

Dende o concello agardan que esta xestión favoreza a Pontevedra á hora de captar máis fondos europeos, tanto no Fondo de Recuperación Next Generation como ao novo período de Fondos Comunitarios 2021-2027.