Novo paso atrás para legalizar a situación dos Areeiros

    areeiros_100_290409.jpgRIBEIRA> O goberno central presentou un recurso contra a Lei de Vivenda que permitía legalizar a situación dos núcleos tradicionais afectados por Costas.

    {flowplayer}barbanza/areeiros2.flv{/flowplayer}

    A nova foi recibida con desesperación polos veciños dos Areeiros, na parroquia ribeiresa de Castiñeiras, que tras quince anos de loita ven como se bota abaixo a única solución a este conflito.

    E é que a lei de Vivenda, aprobada a finais da pasada lexislatura, co consenso dos tres grupos con representación no Parlamento galego, abría unha nova vía para legalizar a situación das vivendas dos Areeiros, recoñecendo a súa existencia como núcleo urbano rural dende antes do 1988, cando entrou en vigor a lei de Costas.

    A presentación do recurso de inconstitucionalidade, por un suposto conflito de competencias, supón un novo revés para os veciños deste núcleo que levan máis de quince anos loitando porque se normalice a situación das súas vivendas.

    Solucións alternativas

    Agora, tan só lles queda agardar que o recurso non prospere aínda que mentras non permanecerán de brazos cruzados e iniciarán contactos con tódolos grupos políticos para que busquen unha solución alternativa.

    Dende a asociación veciñal non entenden os motivos deste recurso posto que único que pretende a lei, consensuada na cámara galega, é permititr un desenvolvemento urbanístico sostible para os veciños alí asentados e, en ningún caso, se abriría a porta á construción sen control.

    Medidas de presión

    Este mércores, a directiva da asociación mantivo unha xuntanza e nos próximos días convocarán ós propietarios para acordar as iniciativas a desenvolver. De momento, xa anuncian que están dispostos a retomar as medidas de presión para que, de unha vez por todas, lles dean solución a un problema que cualifican de ‘crónico’.

    Redacción Barbanza