A BTT do Viño Rías Baixas camiñará 50 quilómetros entre viñas

[

PONTEVEDRA> A segunda BTT Ruta do Viño Rías Baixas, espera recibir no Condado do Tea a 250 ciclistas o 22 de outubro. Esta mañá o Pazo de Mugartegui de Pontevedra acolleu a presentación dun circuíto que percorre fundamentalmente o concello de Arbo. A segunda BTT Ruta do Viño Rias Baixas contará cun itinerario de 45 quilómetros e dificultade media, que discorrerá entre as bodegas socias do DO Rías Baixas ,As Laxas, Pazo Pondal, e Marqués de Vizhoja. Unha proba que se presentou hoxe no Pazo de Mugartegui de Pontevedra. Tal e como explicou o presidente da Ruta do Viño Rias Baixas, o éxito da ruta do ano pasado fixo que decidisen repetir, e nesta ocasión, elixiron a subzona do Condado do Tea, e máis concretamente no concello de Arbo. A iniciativa conta co patrocinio de El Corte Inglés, que se encargará dos puntos de avituallamento. As inscricións xa se poden realizar a través da páxina web “bttrutavinoriasbaixas.com”. Trala carreira, o 22 de outubro, repartiránse entre os ciclistas enopacks que consisten en visitas ás bodegas asociadas á Ruta do Viño Rias Baixas.