Vilanova aposta por ampliar a senda do Esteiro e completar un circuíto de 5 km

    VILANOVA> Que se poidan percorrer as zonas máis bonitas de Vilanova de Arousa a través dun circuíto de sendas, é o obxectivo que persegue o concello. Hai pouco máis dunha semana o municipio engadiu ao seu mapa de camiños a senda do Ariño, de case 800 metros de lonxitude. Hoxe recibiu a visita da Subdelegada do Goberno e da xefa do Servizo Provincial de Costas. A do Ariño sumouse hai pouco máis dunha semana ao mapa de sendas de Vilanova de Arousa. O treito une a pasarela peonil do Terrón coa estrada PO-306, cun percorrido de 800 metros pensado para os peóns. Dende o concello destacaron a acollida que ten este camiño. A súa intención é nos próximos dous meses dotar o percorrido de luminarias, que melloren as condicións para transitar a senda a diferentes horas. Tamén instalaron varios bancos, adornados coa frase “Presume de Vilanova”. O goberno local quere apostar por este tipo de percorridos. De feito, o rexedor aproveitou a visita da Subdelegada do Goberno e da Xefa Provincial de Costas para plantexarlle o seu seguinte proxecto: a senda do Terrón. Dende Costas amosaron a súa predisposición, sempre e cando o concello consiga os terreos precisos para executalas. Deste xeito, Vilanova contaría cun circuíto de case 5 quilómetros de sendas peonís, dos que xa están executados ao redor de 3.