POIO> O concello de Poio conmemora o Día das Letras Galegas cunha ampla programación para recoñecer a figura de Francisco Fernández del Riego. Espectáculo de monicreques, teatro, o certame Literario Xaime Illa e un faladoiro, son algunhas das propostas que se desenvolverán dende o venres ata o propio 17 de maio.
Xa este venres o concello de Poio comezará coa súa programación especial para conmemorar o Día das Letras Galegas e recoñecer a figura de Francisco Fernández del Riego.
A primeira cita será, como diciamos, o venres, ás 5 e media da tarde. Será o espectáculo de monicreques ‘A viaxe feliz de Ramón Sanfiz’ a cargo de Fantoches Baj. O sábado ás 9 da noite chegará a compañía Avelaíña Teatro para representar ‘Almas na Gloria’.
Xa o día 17, ás 5 e media da tarde, celebrarase un dos actos centrais: a entrega de premios aos gañadores da trixésimo primeira edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto.
A programación pecharase cun faladoiro con dúas xornalistas. Belén López e Sara Vila tomarán a palabra para abordar o uso da lingua galega no mundo da comunicación.