Rianxo en Común critica a inacción do goberno municipal

    Rianxo> Dende a formación denunciaron a situación actual do Concello, que a día de hoxe, segue sen contar con orzamentos. A piques do remate do ano, e xa coa idea de que se traballará co orzamento de 2016 prorrogado, Rianxo en Común critica o escaso interese por parte do equipo de goberno en levar adiante o presuposto, e con el o seu proxecto político. Dende a súa chegada á corporación Rianxo en Común vénlle solicitando ó equipo de goberno un maior esforzo á hora de realizar uns orzamentos máis claros e participativos, nos que os veciños e as asociacións poidan facer achegas, investindo os cartos en iniciativas que posibiliten a mellora da situación actual do municipio. Algo que actualmente non está a acontecer. Rianxo en Común vai máis alá ó sinalar que de renunciar á acción política, limitándose unicamente á xestión, sería tamén discutible a dedicación exclusiva e as dúas parciais das que dispón actualmente o goberno. Aínda así confían en que a reverta situación, e para o 2018 o goberno presente uns orzamentos en tempo e forma.