A Deputación tamén aposta por un turismo sustentable

Pontevedra> E neste 27 de setembro conmemórase o Día Internacional do Turismo, unha data que tiveron ben presente dende a Deputación Provincial. A Presidenta lembrou que as Rías Baixas foron, no mes de agosto, o cuarto lugar a nivel nacional máis visitado. Pese a isto, Silva ten claro, que o camiño que se debe de seguir neste sector pasa pola sustentabilidade. Mañá de celebración na Deputación de Pontevedra, é que tal e como dixo esta mañá a presidenta desta entidade, as rías baixas teñen moito que festexar neste día Internacional do Turismo. O lema e obxectivo claro desta xornada pasa por apostar nun turismo sustentable. E a presidenta da Deputación de Pontevedra deixou ben claro cal é o obxectivo que persegue esta administración. Unha xornada de celebración onde se repartiron abanicos publicitando unha vez máis o destino turístico das Rías Baixas.