Galicia cumpre os requisitos da UE no control da produción de moluscos

    conselleiras_mar_sanidade100.jpg VILAGARCÍA> Así se desprende da auditoría feita pola Oficina Veterinaria e Alimentaria da UE a finais do pasado ano.

    {flowplayer}images/salnes/SISTEMA_CONTROL_INTECMAR_180612.flv{/flowplayer}

    Galicia cumpre con nivel alto os requisitos esixidos pola Unión Europea no control da produción e comercialización de moluscos. Así se desprende da auditoría feita pola Oficina Veterinaria e Alimentaria da UE nos sistemas de control realizados pola Xunta na comunidade galega. Desde as consellerías de Sanidade e Mar destacouse hoxe a satisfacción do goberno autonómico.

    A auditoría realizouse en outubro do pasado ano. Os inspectores comprobaron que a clasificación das zonas de produción é correcta, que os seus controis son adecuados, que as decisións adoptadas a raíz deses controis tamén e que os rexistros e intercambios de información son os establecidos. Ademais tamén seguiron o envasado, embalado, marcado de identificación e etiquetado dos moluscos bivalvos vivos. E comprobouse que Galicia segue con rigor a normativa europea.

    O Intecmar, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, é o organismo encargado de velar polo cumprimento da normativa, tanto para a clasificación microbiolóxica das zonas de produción como para a detección de toxinas.

    Redacción Salnés