O SALNÉS> Os futuros profesionais do sector turístico coñecen como se xestiona a Ruta do Viño Rías Baixas. Unha vintena de alumnos do Máster en Planificación e Xestión de Produtos Turísticos da Universidade da Coruña participaron este mércores nunha xornada na que coñeceron como se artella este produto enoturístico. A visita ao Salnés incluíu paradas en adegas e outros establecementos asociados á ruta.
Deles depende o futuro do sector turístico en Galicia. Son alumnos e alumnas do Máster en Planificación e Xestión de Produtos Turísticos da Universidade da Coruña que visitaron O Salnés para coñecer un dos produtos enoturísticos de referencia na zona: a Ruta do Viño Rías Baixas.
A primeira das actividades foi unha charla impartida polo propio persoal da ruta. Nela púxose o acento na vocación colaborativa do proxecto.
A xornada incluíu paradas na adega Gil Armada e Hotel Carlos I de Sanxenxo.
E para rematar, coñeceron a dinámina de Pazo Baión, adega asociada á Ruta cunha forte aposta polo enoturismo.
Esta non é unha experiencia nova, porque a UDC e a Ruta do Viño levan colaborando máis dunha década organizando xornadas como esta. Os docentes explican que este tipo de visitas permiten ao alumnado pasar da teoría á practica. Porque o mellor xeito de coñecer o proxecto é…
Máis aínda, indica o profesor Rivas, tendo en conta o peso que está a gañar a combinación de viño e turismo e o que pode supoñer para a economía galega.
Dende a Ruta do Viño Rías Baixas abren a porta a colaborar con outras entidades en materia formativa que teñan interese en coñecer como se xestiona este produto enoturístico.











