![]()
VILAGARCÍA> O alcalde, que asegurou estar sorprendido coas negativas cifras, fixo públicos estes datos obtidos a través dunha auditoría interna.
{flowplayer}images/salnes/FOLE_CONTAS_CONCELLO.flv{/flowplayer}
Esta mañá o alcalde vilagarcián Tomás Fole e o concelleiro de Facenda, José Manuel Pardal, presentaron os resultados da auditoría realizada polo actual grupo de goberno para coñecer o estado das contas do concello. Segundo este informe, as arcas municipais pecharán o exercicio de 2010 cun resultado presupuestario de 1.354.000 euros en negativo.
Esta mala cifra vense unir a outros saldos negativos que presentan as contas do concello noutros indicadores. Un deles é o remanente de tesourería. Este dato, que reflicte a capacidade económica do concello para afrontar o pago das súas débedas, acada os 3.804.000 euros en negativo. Deste xeito, segundo o actual goberno vilagarcián o volume de endebedamento acadaría o 87%, fronte ó 75% que marca a lei. Isto impediría ó concello solicitar novos préstamos para facer fronte ós case 6.800.000 euros en facturas pendentes de pago.
Con estas cifras sobre a mesa, que o alcalde xa puxo en coñecemento dos voceiros dos grupos da oposición, Fole asegurou ter pouca marxe de manobra na súa xestión económica a medio prazo. Deste xeito, o rexedor fixo un chamamento á responsabilidade da oposición, mentres que asegurou que o novo equipo de goberno comezará a traballar de inmediato na elaboración dun plan de saneamento para a economía local, así como tamén na redacción dos orzamentos para 2012.
Redacción Salnés








