Medioambiente investirá 23 millóns máis no saneamento da Ría de Arousa

    RIBADUMIA> Hoxe é o Día Mundial da Auga, que este ano está dedicado ó tratamento das augas residuais. Por este motivo a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, visitou a Edar de Ribadumia acompañando ó alumnado do Instituto Ramón Cabanillas de Cambados. Concienciar ó alumnado de cuarto da ESO sobre a importancia do tratamento adecuado das augas residuais. Era o obxectivo da actividade programada polo instituto Ramón Cabanillas de Cambados con motivo do Día Mundial da Auga que hoxe se celebra. Para conseguilo , que mellor que visitar a EDAR do concello veciño de Ribadumia, e facelo da man dunha experta na materia como é a conselleira de Medio Ambiente. Acompañada por alcaldes e concelleiros da comarca do Salnés, así como por representantes da Mancomunidade, Beatriz Mato ofreceu primeiro unha breve clase teórica ó alumnado, sobre o ciclo que segue a auga ata que chega depurada ós nosos fogares. Trala explicación veu a clase práctica cun percorrido polas instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais, para comprobar in situ como funciona. Eles, deron boa conta do aprendido. Para conseguir que a auga chegue saneada ás nosas casas, é importante todo proceso, pero tamén a concienciación de todos e cada un de nós, e iso, parece que os máis novos o teñen claro. Pero as que deben estar concienciadas do coidado da auga, son tamén as institucións. Por iso a Conselleira aproveitou a visita para lembrar que desde o ano 2009 a consellería investiu en Galicia mil millóns de euros no abastecemento e saneamento de auga. Mato asegurou tamén que a Xunta continuará co seu compromiso cos concellos do Salnés e da Ría de Arousa en materia de abastecemento e Saneamento,e anunciou que o Plan Hidrolóxico destinará 23 millóns de euros máis á Ría de Arousa, dos cales ,máis de 16 recaerán nos concellos de Arousa Sur . {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/22/beatriz_mato_edar_ribadumia_22032017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/22/beatriz_mato_edar_ribadumia_22032017.mp4{/flowplayer}