O concello de Poio dará prioridade á accesibilidade e ao uso peonial na Caeira

Pontevedra> O concello de Poio ven de aprobar unha reforma parcial do barrio da Caeira. O obxectivo principal é desconxestionar o tráfico da ponte de A Barca e potencia unha maior accesibilidade na zona. Un proxecto que contará cun investimento de 570 mil euros, é que segundo o concelleiro socialista Gregorio Agís, estará listo para o vindeiro verán. Coa idea de humanizar A Caeira o concello de Poio ven de aprobar unha reforma parcial deste barrio que consistirá en darlle maior presenza a accesibilidade e mellorar a comunicación con Pontevedra. Este proxecto contará cun investimento de 570 mil euros. Dende o concello, o socialista Gregorio Agís dixo que en todo momento tivo moi presente a opinión dos veciños, de todos modos deixa aberta a porta a novas achegas xa que serán os propios veciños os que van a matizar o proxecto en base as súas propostas. Mensaxe directa tamén para o PP que pide un referendo en relación a este asunto. Uns traballos de mellora no barrio da Caeira que comezarán, previsiblemente, a comezos do vindeiro ano e que dende o concello agardan ter rematados para o vindeiro verán do 2018.