O BNG de Boiro non ve xustificación para unha moción de censura

BOIRO> O BNG quixo mostrar tamén a súa postura en relación á situación política actual que se vive no Concello, en relación a unha posible moción de censura. Os nacionalistas sinalan que, a pesar dos erros cometidos polo equipo de goberno neste tempo, non se xustifica unha nova alternativa de goberno que devolva ó PP á alcaldía.

Preocupados pola situación política que se está a vivir nas últimas semanas, dende o BNG entenden que non se concibe que a actuación política se poida desenvolver dende a chantaxe, de aí que a descarten, xa que consideran que o que busca non é bo para a veciñanza.

Dende o BNG sinalan tamén que na investidura deron o seu apoio á candidatura do Partido Socialista como alternativa ó Partido Popular, sen que se deran ata o de agora cambios significativos para variar esa postura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí