RIBEIRA> A flota galega analiza as axudas ó combustible aprobadas polo goberno central. Consideran escasa a subvención de 20 céntimos por litro tendo en conta que o prezo do carburante xa se ten duplicado.
A Federación Galega de Confrarías está a espera de recibir o listado das embarcacións que se van beneficiar das subvencións para facer fronte á suba do gasoil. Serán axudas compensatorias, calculadas en base ós litros de combustible e os días de mar de cada buque, que se estenderán ata o 30 de xuño.
A flota considera escasa esta contía posto que xa están pagando o prezo de combustible a máis do dobre que hai tan só unhas semanas polo que os gastos para manter a actividade disparáronse.











