Benito González afirma que non pensa dimitir como patrón maior

    patronmaiorcambados100_090408.jpgCAMBADOS > Benito González, o patrón maior de Cambados, afirma que non pensa dimitir. A petición formulouna AGAMAR, …

    {flowplayer}images/salnes/patronmaiorcambados.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > Benito González, o patrón maior de Cambados, afirma que non pensa dimitir. A petición formulouna AGAMAR, logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulase as últimas eleccións da confraría celebradas en 2004.

    O patrón maior considera que Agamar e a Consellería de Pesca van da man nesta polémica. Detrás disto, Benito González, ve unha reprimenda clara cara a súa persoa, por ser un dos promotores da manifestación celebrada polo sector en Vilaxoán contra Pesca.

    Agamar denunciou hai catro anos irregularidades no proceso electoral. Nunha primeira volta, o elixido fora Luís Somoza, pero non puido exercer o cargo pola renuncia masiva dos socios afíns a González. Na repetición dos comicios, Benito González conseguiu votos para entrar na Xunta Xeral e repetir como Patrón Maior. Agamar pide agora a súa dimisión pero González defende a transparencia do proceso e afirma que non pensa dimitir.

    Este ano toca eleccións de novo e desde o cabido estudian adiantalas a primavera. Benito González supedita o volver a presentarse ó apoio dos socios, aínda que pensa que por responsabilidade non debería retirarse. Benito González ofrecía estas declaracións para o programa InforMAR. A entrevista poderana ver de xeito máis extenso esta noite a partir das once menos cuarto.

    Redacción Salnés