![]()
VILAGARCÍA> A escasos días da celebración da festa da auga en Vilagarcía, as peñas xa rematan co deseño das súas camisetas. E os que se uniron tamén…
{flowplayer}images/salnes/120809_caramuxo.flv{/flowplayer}
… este ano a esta labor creativa foron os membros da empresa Caramuxo; que desta volta fan unha ácida sátira da política municipal. Nesta camisola reza o slogan o que hai que aghua-ntar e nela aparecen os máximos responsables dos partidos políticos con representación no consistorio local; desde a alcaldesa, a socialista Dolores García, ata os líderes do PP Tomás Fole, do BNG, Xosé Castro Ratón; de Esquerda Unida Juan Fajardo, e José Luís Rivera Mallo de IVIL; así como un controlador na sombra de identidade non desvelada.
O deseño está tendo bastante aceptación entre o público da rúa do que xa contan con 300 camisolas. Desde esta empresa de deseño con sede en Vilaxoán convidaron os protagonistas da camiseta a acudir a recoller unha da súa talla para lucila ese día.
Para os demais interesados dicirlles que cada exemplar custa 5 euros e pode adquirirse directamente na tenda que esta empresa ten na capital do Salnés, no número 60 da Avenida da Mariña.
Redacción Salnés










