Gago tilda de ‘mesquiña’ a política de Fole polas críticas das súas viaxes

    javiergago_100_191006.jpg

    VILAGARCÍA > O alcalde de Vilagarcía, Javier Gago, non tardou en dar contestación ó voceiro do PP, Tomás Fole…

    …polas críticas feitas ó equipo de goberno polo custo de certas viaxes institucionais pagadas polo concello. Gago tildou de política mesquiña a que fan os populares a través destas críticas e escudouse na proximidade das eleccións municipais.

    As viaxes oficiais que realizan funcionarios e cargos públicos dun concello son custeadas polo propio concello en tanto que existe un Decreto Lei que así o estipula. Dependendo dos concellos hainos que pagan previa presentación das facturas correspondentes e outros que o fan cinguíndose a este Real Decreto. Así o asegura o alcalde de Vilagarcía, Javier Gago, quen comentou que a cantidade que se paga ó día por aloxamento e manutención é de 155 con 90 euros en territorio nacional e entre os 200 e 300 euros (dependendo do destino) cando se trata de Europa.

    A maiores destas dietas o concello faise cargo dos extras previa presentación e xustificación das facturas. Gago asegurou que todo este tipo de viaxes se fai sempre por unha causa xustificada e que, viaxes coma a de Lanzarote criticada por Fole, esixen máis dun día de estancia.

    Redacción Salnés