Aumenta a preocupación entre os empresarios do ocio nocturno: “No podemos actuar como policías”

PONTEVEDRA> Preocupación e malestar no ocio nocturno tras as acusacións que sufriu o sector nas últimas semanas. En Pontevedra, algúns hostaleiros aínda non se atreveron a reabrir os seus negocios. Os que si o fixeron aseguran que están a cumprir estritamente coas medidas de seguridade nos seus locais.

O ocio nocturno atópase no foco de todas as miradas. Este sector foi un dos últimos en reabrir tras a crise do coronavirus e agora podería ser os primeiros en volver a pechar. Os empresarios destes locais aseguran que están sendo moi estritos coas medidas de seguridade e están cansados de ter que actuar máis como policías que como camareiros.

Os hostaleiros mantiveron esta mesma semana unha reunión co vicepresidente da Xunta de Galicia. Neste encontro, Alfonso Rueda transmitiulles a súa intención de non pechar, polo de agora, estes locais.

Coa redución de aforo e cos protocolos establecidos no interior de todos estes locais, os empresarios dos pubs e discotecas aseguran que é moi difícil sobrevivir.

As facturacións estanse a reducir drasticamente neste sector durante esta nova normalidade e moitos temen que haxa novos rebrotes que lles obriguen a baixar, de novo, as reixas dos seus locais.

Concienciación e responsabilidade. Iso é o que piden os empresarios dos pubs pontevedreses a toda a veciñanza para poder retomar, canto antes, a súa actividade ao 100%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí