Luz verde á modificación de crédito no concello de Pontevedra

Pontevedra> O pleno extraordinario en Pontevedra ven de aprobar a modificación de crédito de 3 millóns de euros para obras na cidade. A rúa Cruz Vermella, traballos de accesibilidade e mobilidade en sete parroquias do rural e melloras da eficiencia enerxética serán unha realidade dende hoxe. O Teatro Principal acolleu unha sesión extraordinaria do pleno da corporación. Sobre a mesa varios puntos entre elas unha modificación de crédito de 3 millóns de euros, Dos cales 1 millóns 405 mil irán a rúa Cruz Vermella. 900 mil para pequenas obras de accesibilidade e mobilidade nas estradas de Santo André de Xeve, Santa María de Xeve, Campañó, Lérez, Alba, Ponte Sampaio e Canicouva. 450 mil para mellora da eficiencia enerxética das pontes da cidade, a das correntes, Compostela, Tirantes e a Ponte da Peonil da Illa do Cobo. 197 mil para completar a iluminación led en Ponte Sampaio e Canicouva. 60 mil para actividades culturais. E 20 mil 570 euros para o deseño dunha aplicación informática en materia de turismo. Todos os partidos votaron a favor desta modificación de crédito agás o PP que se abstivo ao considerar que esta modificación é froito da improvisación cando o concello conta con 5,7 millóns de euros de superávit. Outro dos puntos da orde do día, a conta xeral do 2016, xerou amplo debate. Foi aprobado cos votos a favor de Cidadáns e BNG e a abstención de Marea. O PSOE e o PP votaron en contra desta iniciativa e criticaron a xestión económica do actual Goberno Local.