As obras da Avenida de Vigo estarán rematadas para finais de outubro

Pontevedra> Os traballos no último tramo da Avenida de Vigo estarán rematados a finais de outubro. Así o confirmou esta mañá o alcalde de Pontevedra quen lembrou que se cumpriron os prazos ,de 3 meses de execución nestas obras. Uns traballos que que contaron cun orzamento de 270 mil euros e que foron realizados pola empresa COVSA. A finais do mes de outubro estará rematadas as obras no último tramo da Avenida de Vigo, entre a rúa Luís Seoane e a rotonda do Nó do pino. O alcalde sinalou que con estes traballos a zona queda moito máis accesible acorde co modelo de cidade pontevedrés. O concelleiro de Obras aproveitou a ocasión para anunciar que onte mantivo unha reunión cos veciños da Rúa A Seca para presentarlles o primeiro tramo da reforma desta rúa da cidade. En relación á rúa Lepanto, Demetrio Gómez tamén anunciou que na vindeira semana se van a reunir cos veciños da zona para coñecer as principais demandas e iniciar deste modo os traballos para incorporar esta rúa ao modelo de cidade. Uns traballos que agardan comezar e deixar listos neste mandato.