O edificio de Benito Corbal da Xunta estará listo para comezos do 2019

Pontevedra> A Xunta de Galicia licitará esta semana a rehabilitación da súa sede na rúa Benito Corbal. Un proxecto que tal e como afirmou o vicepresidente da Xunta, estará finalizado a comezos do 2019 e contará cun investimento de máis de 5 millóns de euros. Todo listo para darlle luz verde á rehabilitación da sede da Xunta na rúa Benito Corbal en Pontevedra. Un edificio que estará listo para comezos do 2019. Xunta de Galicia, concello e Universidade comezarán a traballar nos usos que terá este inmoble e escollerá a aqueles colectivos ou entidades sociais que ocuparán un local neste espazo. O vicepresidente e conselleiro de Facenda fixeron especial fincapé nestes usos que vaia ter este céntrico edificio que integrará as oficinas de emprego, de entidades sociais, universidade, ademais de acadar un aforro en alugueiros de 165 mil euros ao ano. Con todas estas inversión Rueda quixo deixar claro esta mañá a aposta da Xunta de Galicia por Pontevedra. Un edificio, esta sede da Xunta en Benito Corbal, de 5000 metros cadrados onde se primará a eficiencia enerxética e que contará cun investimento de 5,1 millóns de euros.