O IES Luis Seoane conmemora o día os dereitos dos nen@s

Pontevedra > Dende o IES Luis Seoane celebraron hoxe o día Internacional dos dereitos dos nenos e das nenas que se conmemora cada 20 de novembro. Unha actividade centrada este ano nos nenos refuxiados. Neste acto puidemos coñecer os dereitos dos máis pequenos e tamén nos anunciaron que as mantas que teceron para os máis necesitados estarán en destino antes de finais de ano.  

 

O 20 de novembro conmemorase o Día Internacional dos dereitos dos nenos e das nenas,  e posto que este ano foi domingo, a celebración no Instituto Luis Seoane levárona a esta xornada.  Cun acto onde puidemos coñecer os principais dereitos dos nenos e das nenas. 

Un día onde os refuxiados tamén estiveron presentes. 

Unha xornada reivindicativa onde os máis pequenos lembraron alzaron a súa voz. 

Un instituto que teceu en Paz para os máis necesitados unhas mantas que antes de finais de ano chegarán ao seu destino, aos pequenos refuxiados a través de diversas ONG e algunhas destas mantas tamén se quedarán na provincia para os que máis o precisan en Pontevedra. 

Un acto emotivo e reivindicativo onde tampouco faltou a música de unha das alumnas deste instituto de Monteporreiro. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/21/acto_nenos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/21/acto_nenos.mp4{/flowplayer}