Os sindicatos da Policía Nacional piden que o Ministerio e o Presidente tomen cartas na situación de Cataluña

Pontevedra> Nova concentración das organizacións sindicais da Policía Nacional en apoio aos seus compañeiros de Cataluña. Trátase dunha concentración que tivo lugar en todas as comisarías a nivel nacional, e onde pediron a dimisión do Ministro de Interior e do Presidente do Goberno se continúan neste posicionamento de deixar a un lado as súas funcións e non tomar cartas no asunto. A Comisaría de Pontevedra acolleu unha nova concentración das organizacións sindicais representativas da Policía Nacional que quixeron, de novo, apoiar aos seus compañeiros que estes días están exercendo o seu traballo en Cataluña. Dende o SUP dixeron esta mañá que se o Ministro de Interior e o Presidente do Goberno non toman xa cartas no asunto pedirán canto antes a súa dimisión. Preguntados senon lles pareceu excesivo a carga realizada o pasado 1 de outubro en Cataluña, dixeron que non, que eles acatan ordenes dende arriba. E preguntados tamén se este tipo de concentracións en vez de sumar o que fan e dividir máis a sociedade, dende SUP cren que non, xa que eles soamente piden que os políticos exerzan as súas funcións. Unha concentración onde tamén se volveu a pedir unha equiparación salarial entre a Policía Nacional e os corpos autonómicos, que contan cunha diferencia mensual, no mesmo posto de preto de 600 euros.