O Concello ampliará as axudas para os comedores escolares

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra incrementará as axudas para os comedores escolares. Así o anunciou o edil de Educación, Tino Fernández, tras manter unha reunión coa Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos. Para facelo posible, o goberno municipal terá que modificar o convenio vixente que data do ano 2014.

210.000 euros. Esa é a cifra anual que o Concello destina para a xestión dos comedores escolares. E esa é a cantidade que o edil de Educación, Tino Fernández, comprometeuse a aumentar tras a reunión que mantivo cos voceiros da Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos.

Tino Fernández recorda que o último convenio que se asinou data do ano 2014 e, polo tanto, esta é a última prórroga posible do acordo actual.

O convenio actual caduca o 31 de decembro, polo que o Concello non queren perder máis tempo para solventar as necesidades da Fanpa.

A concellería de Educación asegurou que estas conversas coa Fanpa terán continuidade durante as vindeiras semanas, co único obxectivo de pechar un convenio para o conxunto da comunidade educativa.