A Festa da Navalla chega a Poio esta fin de semana

PONTEVEDRA> A Festa da Navalla volta un ano máis a Poio. Esta fin de semana terá lugar a V edición da exaltación de este manxar. Unha celebración para a que a Asociación Amigos da Navalla de Lourido ten preparados uns 800 kg de navallas. A V Festa da Exaltación da Navalla chega a praia de Lourido un ano máis. Esta fin de semana aqueles aos que lles guste este bivalvo teñen unha cita no concello de Poio. Nesta edición, a Asociación Amigos da Navalla de Lourido ten preparados uns 800 kg de navallas para ofrecer en diferentes preparacións; tortilla de navallas, empanada ou arroz, son tan só algunhas das que se ofertaran a prezos populares. Dende o concello recordaron aos asistentes que se habilitarán dúas zonas de estacionamento. A apertura da carpa será as 12:30 durante as dúas xornadas, hasta o peche, e contarán coa actuación do Grupo Azabache para ambientar a carpa o sábado pola noite.